Portada

Plan de Igualdad
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia
de Mujeres

Agenda Cultural

Galería de Arte

Mujerciclopedia

Mujerecetario

Viajeras

Consultonas

Opinionas

Trocadoras

Conectadas

Foro

Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

         
   

Historia de Mulleres

Notas sobre a fotogafía

Sontag foi ademais de pensadora unha brillante cronista de guerra; como cronista investigou a función da fotografía no noso tempo. Esta dobre función permitiulle comprender na forma de retratar, na forma de rexistrar, o punto de vista da cultura actual.

Un exemplo de iso, é a pasaxe que se produce desde as fotografías da guerra de Vietnam ás aberrantes fotos das torturas por parte dos norteamericanos en Iraq. A fotografía dunhos nenos que corren despois do bombardeo de napalm estadounidense, tomada en 1972 por Huynh Cong Ut, da sobradas mostras do reinicio da traxedia. E aquí non cabe a preparación, nin a montaxe. O que se exhibe é o que é.

As fotografías das torturas infrinxidas ós prisioneiros irakíes (Xuño 2004) dan conta de que a eliminación do outro en nome da "democracia" e do "progreso" é unha forma absolutamente lícita. De aí, que os soldados norteamericanos exhiban a tortura como un feito absolutamente natural.

Este carácter irracional da cultura norteamericana en canto á eliminación doutro diferente ten que ver co xerme da enfermidade social tal e como a concibían os nazis.

Para o fascismo, a enfermidade estaba asociada ó deterioro social e viceversa, e por iso, na súa concepción, había que eliminar o elemento enfermo.

Para Sontag, a enfermidade é resistencia, é superación e é tamén unha forma de expresión que condiciona os seus actos. Esto vese tamén no cadro que Frida Kahlo pinta no ano 1946 denominado Árbore da esperanza mantente firme que mostra á pintora tras unha intervención quirúrxica que lle realizaron en Nova York para mellorar os seus problemas físicos.

A Susan Sontag, paradoxicamente, o cancro lle da forzas para seguir loitando, para seguir escribindo a súa obra En América (12) e para que a súa Maryna Zalezowska siga vivindo nela.

Frida Kahlo tamén exhibe a súa enfermidade para seguir vivindo.

 

(12)
Susan Sontag escribiu a súa novela En América cando xa lle tiñan diagnosticado cancro de mama estaba baixo tratamento de quimioterapia. Escribiu En América baixo os efectos da morfina e sufrindo dores insoportables.