Portada

Plan de Igualdad
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia
de Mujeres

Agenda Cultural

Galería de Arte

Mujerciclopedia

Mujerecetario

Viajeras

Consultonas

Opinionas

Trocadoras

Conectadas

Foro

Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

         
   

Casa da Muller

 

 

O Centro de Atención á Muller, na actualidade Casa da Muller, créase o día 1 de xullo do ano 1987, en virtude dun convenio de colaboración entre o Instituto da Muller e o Concello de Lugo.

A Casa da Muller ten como finalidade previ-la marxinación existente na nosa sociedade, procurando un maior acceso á información que posibilite o exercicio dos dereitos legalmente recoñecidos e a integración efectiva deste colectivo na vida económica, cultural e social da comunidade. Tamén desenvolve unha labor de colaboración cos organismos e entidades do municipio, facendo sempre fincapé na necesidade dunha toma de conciencia da situación da muller e da acometida de actuacións que favorezan a igualdade de oportunidades, e con iso, a plena e efectiva incorporación das mulleres a tódolos ámbitos da vida social.

A Casa da Muller ofrece:

- Atención personalizada e gratuita sobre malos tratos, vexacións, amezas, agresións sexuais, acoso sexual�

- Información e asesoramento social.

- Información sobre recursos existentes na comunidade.

- Coordinación con outros servizos para o tratamento de problemáticas asociadas: saúde, emprego, servizos sociais�

- Información e asesoría xurídica: separación e divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumplidas, denuncias por violencia, discriminación laboral, baixas por maternidade ou paternidade�

- Atención e apoio psicolóxico.

- Servicio de atención e acollida en pisos en casos de violencia ou malos tratos.

- Educación para a igualdade.

A Concellería da Muller conta na actualidade coa Casa da Muller e un Centro de Acollida para Mulleres víctimas da Violencia de xénero, nos que traballan un total de dez profesionais.

 

A CASA DA MULLER

Está ubicada no Parque da Milagrosa (Avda. da Coruña, 212), e nel desenvolven o seu traballo catro profesionais, que prestan apoio, información e asesoramento en tres áreas, -xurídica, social e psicolóxica-, e dende o mesmo Centro organízanse obradoiros, conferencias, actividades especiais, etc.

A evolución deste Servizo nos últimos anos constátase principalmente polo aumento do número de persoas que persoas que acuden en demanda de atención. Así, no último ano 2004 houbo un incremento dun 65% de demanda de atención xurídica, xurídica e social con respecto ó ano anterior (1113 persoas ó longo do 2004, fronte a 723 persoas no 2003).



CENTRO DE ACOLLIDA PARA MULLERES VÍTIMAS DE MALOS TRATOS

A existencia de situacións de desprotección e malos tratos sufridos por mulleres é un feito difícilmente cuantificable, xa que aínda a desinformación acerca dos seus dereitos e a ausencia de recursos, entre outros factores, condiciona as suas protagonistas ó silencio e ó anonimato.

Dende esta consideración, destináronse catro pisos propiedade do Concello de Lugo para o acollemento de mulleres maltratadas e das suas fillas e fillos, nos casos nos que se atopen en situación de indefensión, como consecuencia de malos tratos físicos ou psíquicos que poñan en perigo a súa integridade persoal. A atención ás persoas acollidas lévanna a cabo cinco profesionais durante as 24 horas ó día, os sete días da semán, por quendas. A Concellería de Muller recibiu subvencións da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

 

ACTIVIDADES DA CASA DA MULLER

PROGRAMAS E RECURSOS


OCIOTECAS

Trátase de centros de xogo infantís, que funcionan dende 2001 dirixido a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, no que se lles proporciona unha atención educativa informal e un medio organizado no que por medio do xogo manteñen experiencias interrelacionadas, traballan habilidades en aspectos como a diferencia, a igualdade, a identidade, a solidariedade, � que axudan ó seu desenvolvemento persoal e á súa participación na sociedade.

As ociotecas atópanse ubicadas no Parque da Milagrosa, Centro Social Uxío Novoneyra e Centro de Fontiñas.

 

PROGRAMA �NON ESTÁS SOA� DE APOIO ÁS MULLERES QUE SAEN DO CENTRO DE ACOLLIDA

Ten como finalidade a concesión dunha bolsa económica dun máximo de 700 euros por muler, para tódalas usuarias dos Pisos de Acollida que presenten unha situación precaria á saída dos mesmos.

 

PROGRAMA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A MULLERES DESEMPREGADAS DO MUNICIPIO DE LUGO PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR CLASE �D�

O obxectivo deste programa é o de facilitar o acceso das mulleres desempregadas ó ámbito laboral e máis específicamente nun sector que conta cunha escasísima representación das mulleres, como é o de conductoras de autobuses. As 10 mulleres formadas mediante este programa atoparon traballo nunha empresa de autobuses.

 

PROGRAMA DE CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO �DÍA INTERNACIONAL DA MULLER�

 

�CUARTA SEMANA SOLIDARIA DA MULLER�. En colaboración coa ONG �Solidariedade Internacional�.

Actos:

- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS

- MERCADILLO SOLIDARIO DE COMERCIO XUSTO.

- CONFERENCIA, a cargo da Presidenta de Solidariedade Internacional.

- CONTACONTOS.

 

�DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA HACIA AS MULLERES�

 

XORNADA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día 25 de novembro . Concentración, cunha ofrenda floral, ante a árbore da vida, ginko biloba, en recordo das mulleres víctimas da barbarie masculina.

 

�III XORNADAS LOCAIS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO�

 

» NOTICIAS DA CASA DA MULLER

 

MIEMBROS

Belén Regueiro Burgo. Coordinadora

María José Castro Álvarez. Traballora Social

María Jesús González-Vara Pin. Avogada

Valéntín López Aira. Psicólogo

Dolores Rancaño Osorio. Técnica da Administración

Teresa Rodríguez Chao. Auxiliar Administrativa