Portada

Plan de Igualdad
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia
de Mujeres

Agenda Cultural

Galería de Arte

Mujerciclopedia

Mujerecetario

Viajeras

Consultonas

Opinionas

Trocadoras

Conectadas

Foro

Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

         
   

Consultonas ir a versión en castellano

consultonas@foeminas.lugo.es

A Doutora María Jesús Méndez Conde, respostou ás dúbidas e interrogantes das nosas lectoras; publicamos algunhas delas(publicaremos todas en números seguintes ).E convidamosche a mandar tódalas túas inquedanzas.

Contestación a MARIA, de Santiago.

Existen dous mecanismos fundamentais, no inicio e mantenemento da lactancia:
-reflexo de succión, determinante da eyección do leite
-vaciamiento completo das glándulas mamarias.
Coa succión de peito, por parte do lactante, estimúlanse uns receptores nerviosos que actuando sobre a hipófisis liberan PROLACTINA; está hormona estimula a secrección láctea.
En xeral aconséllase unha duración da lactacia de 6 meses, xa que a muller que lacta sofre unha perdida calórica de 80 calorias cada 100 cc de leite aproximadamente. Esta perda debe de ser reparada cunha alimentación axeitada. Na teoria, cousa que non ocorre na práctica, a lactancia manteríase mentres existiran os dous reflexos, de succión e vaciamiento citados ao principio.


Contestación a Alicia de Monforte de Lemos.

En mulleres novas, son relativamente frecuentes as alteracións do ciclo, nalgunhas ocasións por problemas de estress, por alteracións funcionais da súa regulación hormonal, por outras causas ou máis raramente por alteracións da alimentación. De tódolos xeitos, se estas alteracións persisten durante un tempo prolongado ou se acompañan doutros síntomas, deberá acudir ao ginecólogo para descartar outras anomalías.

Contestacion a ANTONIA de Mondoñedo

Non cabe a menor dúbida que a calor que Vostede refírese é seguramente debido á menopausia.
As manchas na cara non teñen relación directa coa menopausia e probabelmente deberá de velas un dermatólogo. A esta idade tamén son frecuentes as manchas producidas pola exposición ao sol, sen utilizar crema protectora.