
Editorial Foeminas
O número 4 de Foeminas
está dedicado ao problema da muller e a súa relación
coa liberdade en tódalas súas variantes: expresivas,
creativas, políticas, sexuais. Novamente, volvémonos
a atopar cun tema que atravesa toda a historia e todas as loitas pola
emancipación de xénero.
Por iso, en Historia de mulleres
pode percorrerse a vida e a obra dunha muller que introduciu grandes
cambios teóricos no mundo, especialmente o da política.
Aínda que é certo que estes cambios non están
directamente ligados á cuestión do xénero ou
do feminismo tamén o é que realizan un aporte singular
e diverso ao do pensamento masculino.
Historia de mulleres rende homenaxe
a Rosa Luxemburgo quen foi brutalmente
asasinada por expresa-las súas verdades un 15 de xaneiro
de 1919 á idade de 49 anos.
Quizais, esta historia sexa esquecida ou sutilmente borrada do seo
da historia con maiúsculas, antepoñense nas enciclopedias
ou nas crónicas de época, unha infinita lista de homes
"heroicos", dende Foeminas
insistimos en que sempre é bo recordar e revisar, xa que a
narrativa feminina reconstrúese unindo anacos e restituíndo
voces e sons do pasado.
Razón pola cal, presentamos en Mullerciclopedia
unha reseña do excelente libro Mulleres na arte, Espello
e realidade da historiadora e crítica Amparo
Serrano de Haro.
A Galería de Arte ofrecerá
a obra dunha gran fotógrafa que por estes días está
exposta nunha mostra en Caixa Galicia de Lugo.
En Contemporane@ dedicaremos o
espazo á obra literaria dunha aguerrida artista e loitadora:
a profesora Carmen Blanco.
En Mullerecetario por primeira
vez obteremos unha importante receita da nosa grande amiga e colaboradora:
a entrañable Dona. Cociña
Viaxeiras desprázase á
antiga Roma da man de Emma Lareu.
En Portada, tamén unha
entrevista que acompaña as imaxes da mostra "Lilith(s)"
de Luís Valle Regueiro un artista e colaborador de Foeminas
notablemente interesado no problema de xénero.
Ademais, un informe achega dun caso de discriminación e violencia
en Perú durante o goberno de Fujimori.
Micaela Fernández
Darriba
Editorial Foeminas
Febreiro 2006
