Portada

Plan de Igualdad
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia
de Mujeres

Agenda Cultural

Galería de Arte

Mujerciclopedia

Mujerecetario

Viajeras

Consultonas

Opinionas

Trocadoras

Conectadas

Foro

Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

         
   


Informe proposta aprobación
"I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Lugo"


AVALIACIÓN

É un instrumento indispensable para validar calquera política pública. Debe realizarse dende o comezo do plan ata a súa conclusión, co fin de coñecer os posibles cambios producidos pola súa implantación.

A avaliación ten que ser participativa, permitindo intervir tanto ás persoas destinatarias como ás encargadas da execución do plan.

A avaliación contén tres fases:

Fase inicial
O "I Plan de Igualdade do Concello de Lugo" elaborouse tomando como punto de partida os resultados do estudo �Lugo en Feminino�, encargado pola Concellería da Muller, así como as achegas de distintas persoas, colectivos, sindicatos, partidos, etc.

Fase de seguimento
Todo o proceso de implantación do plan permitiranos coñecer o seu desenvolvemento, o que nos permitirá introducir posibles axustes co obxecto de adaptarse a novas circunstancias ou solucionar dificultades.

Fase final
Permitiranos coñecer os resultados, así como o grao de execución e consecución das accións previstas. Recollerase a informacións das persoas destinatarias e das entidades e persoal técnico responsables da súa execución.

Por último, completarase a avaliación interna cunha avaliación realizada por unha/un axente de igualdade de oportunidades externa/o á Administración local.