Plan de Igualdade
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Consultonas

Opinionas

Conectadas

Foro

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

 

         
   

Galería de Arte

Paula Rego: un mundo imaxinario e real

Paula Rego naceu en Lisboa en 1935. É unha gran pintora e fundamentalmente unha excelente ilustradora. Na actualidade está radicada en Londres, cidade á que se trasladou xunto ao seu marido.

Comezou a darse a coñecer nos anos sesenta pero o prestixio internacional chegoulle a partir de 1990, cando pasou a ser artista asociada á National Gallery de Londres.

Recibiu importantes recoñecementos: En 1989 entrou na lista de candidatos ao premio Turner e en 2005 concedéuselle o grado de doutor honoris causa pola Universidade de Oxford. A obra de Paula Rego está presente nas coleccións como as do Museo Británico, o Metropolitan Museum of Art, o Museu Serralves, a National Gallery ou a Tate Gallery.  
O traballo desta artista é absolutamente descritivo, e responde, segundo pódese deducir por certas declaracións da artista, a unha elaboración introspectiva dos primeiros anos da súa infancia na que viviu baixo o réxime da ditadura de Salazar. A pintora utiliza diferentes estilos para contar as súas historias, sempre narradas desde a figuración, aínda que as veces de corte máis surrealista e outras máis expresionistas.

Cos seus traballos Paula Rego non deixa de falar da opresión e da subordinación que produce o medo. Dado que é artista e le imaxes, a súa inspiración máis importante está relacionada coa influencia da igrexa católica portuguesa e da súa iconografía. Unha iconografía atemorizante, cargada de sufrimento, de sangue, de martirios. Rego sostivo que esas imaxes que atesouraban a promesa dun castigo eterno foron xunto á ditadura e a súa relación de suxeición cara ás mulleres o impulso das súas obras tenebristas. Logo dese período de notable escuridade comeza a soltarse e a pintar mulleres con enormes saias que cubrían todo os seus corpos e onde se pode adiviñar outra historia colmada de segredos e de imaxinación.

O seu compromiso político e social

Ademais, do seu apaixonante relato plasmado nas súas obras, do que significou para mulleres, homes, nenas e nenos, pero principalmente para o xénero feminino vivir baixo un réxime autoritario, Rego tamén se ocupa da dominación e da violencia que aínda na actualidade continúan padecendo as mulleres. Un exemplo disto é a súa serie onde suscita o tema do aborto en 1998 e a serie de 1990 denominada “Dog Woman” un traballo que mostra ás mulleres representando distintas pouses caninas.

Como forma de identificación e de admiración, Paula Rego realizou un retrato a escritora feminista australiana Germaine Greer, que se conserva na National Gallery de Londres.

"Dog Woman"

"Dog Woman"

"The Dance"

"The Dance"

"The Family"

"The Family"

"Polly Put The Ketlle On"

"Polly Put The Ketlle On"

 
 
 
Micaela Fernández Darriba