Plan de Igualdade
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Consultonas

Opinionas

Conectadas

Foro

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

         
   

Mullerciclopedia

É unha sección dedicada á reseña de libros, artigos de opinión, películas, música e todo tipo de expresión artística ou teórica que involucre a cuestión de xénero en todos os seus aspectos.

Maruxa Mallo
Unha vida, unha historia

Libro de Maruxa Mallo

A Nosa Terra publicou en 1999 unha biografía sobre Maruxa Mallo realizada por Carme Vidal que talvez sexa unha das obras máis completas e exhaustivas sobre a pintora. O libro é case un libro de peto, moi pequeno, pero dentro, no seu interior está depositada a historia, a vida e a obra dunha das mulleres máis singulares de Galicia. Con imaxes e palabras que mostran o talento, a personalidade e as aventuras da artista, porque fundamentalmente era unha artista aventureira que non dubidou en tomar un compromiso político relacionado cos ideais da aventura, a felicidade que buscou toda a súa vida.  
Carme Vidal describe todo o ambiente que rodeou a Maruxa Mallo desde a súa infancia ata a súa morte, recolle da man de testemuñas as súas anécdotas máis fermosas, os seus soños e tamén o seu sufrimento. Esta biografía intenta -e realmente lógrao- meternos na pel dunha vida desde o seu Viveiro natal ata alcanzar o mundo como meta. Grazas a Carme Vidal comprendemos que Maruja era unha gran artista do mundo, unha muller capaz de viaxar para estudar, para aprender, para progresar, por amor e por temor.

“Maruxa Mallo” é un relato tenro que ademais describe unha época e tamén unha épica sen realizar un xogo de valor e sen expoñer ningún tipo de estereotipo. Neste ensaio cheo de fotos e de recordos, podemos bucear pola súa amizade con Lorca, con Dalí, con Concha Méndez. Tamén fala dos seus amores: Rafael Alberti, Miguel Hernández, Pablo Neruda. En definitiva, “Maruxa Mallo” fainos coñecer, fainos viaxar, fainos rir e fainos chorar. É realmente dramática a descrición do que perdeu Mallo cando tivo que fuxir debido ao levantamento franquista, de como protexeu a súa obra, a pouca obra que puido salvar. Tamén é impactante a súa vida en Arxentina, Uruguai e Chile, a súa chegada a EE.UU, a foto con Andy Warhol, etc.

Con todo, non podemos deixar de recordar que houbo un retorno ao seu país e que xa nada foi igual, que alí se apagou por completo ata a súa morte. A maior parte das súas homenaxes foron póstumas. Creo que si ela non houbese morto en 1995 talvez gustaríalle lerse retratada neste libro.  

Micaela Fernández Darriba