|
|
||||||
|
MullerRecetario
MullerRecetario é unha sección
dedicada a intercambiar e difundir receitas que poden ser de todo tipo.
En varias ocasións publicamos receitas de cociña de grandes
mestras culinarias coas que gozamos o pracer de cociñar e de
comer. Pasaron por esta sección Gema,
Naima e Dona
Cociña. Como curar os ollos cansos
Moitas persoas que traballan con ordenadores ou que len moito mentres estudan e forzan a vista ou simplemente que están expostas a lugares onde hai unha alta concentración de tabaco ou de luces adoitan ter unha persistente irritación na vista. Nas terapias dos ollos irritados ou cansos existen moitos tratamentos de tipo natural, xa que hai unha serie de plantas que conteñen propiedades anti inflamatorias e axudan a que os ollos estean mellor. Por exemplo: a manzanilla é aconsellable para combater tanto os ollos cansos, como a conxuntivites ou as alerxias. Só é preciso conseguir as flores(camomila) e coa decocción extraer unha culler desas mesmas flores secas logo móllanse nunha gasa e aplícase sobre os ollos. Despois tamén é aconsellable colocar uns cantos xeos nunha bolsa de plástico e poñer no contorno dos ollos; isto alivia notablemente a inchazón e malestar e por suposto a proliferación das olleiras. Por certo, a camomila, tamén aclara ou mantén de forma natural os cabelos louros. Juana Rodríguez Pérez
Envíanos as túas receitas a:
|