Portada

Plan de Igualdad
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia
de Mujeres

Agenda Cultural

Galería de Arte

Mujerciclopedia

Mujerecetario

Viajeras

Consultonas

Opinionas

Trocadoras

Conectadas

Foro

Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

         
   

Agora t�canos a n�s

Informe proposta aprobación "I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Lugo"

FUNDAMENTOS NORMATIVOS

O dereito á igualdade entre mulleres e homes está garantido en distintos tratados de ámbito internacional, comunitario, estatal e autonómico.

No ámbito internacional existen diversas declaracións e tratados, entre outros:

  • A Declaración universal de dereitos humanos (1948).
  • A Declaración das Nacións Unidas sobre a eliminación da discriminación contra a muller (1967).
  • A Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (1993).


As conferencias de Nairobi e a Conferencia Mundial das Mulleres celebrada en Beijing (China) en 1995 supuxeron importantes fitos na historia do recoñecemento da igualdade das mulleres.

No ámbito comunitario, realizáronse programas e accións, adoptáronse acordos marco e directrices adoptadas polo Consello de Europa.

A nova estratexia "Marco Comunitaria sobre Igualdade entre Homes e Mulleres (2001-2005)", así como o "Programa de Acción Comunitaria", constitúen o marco de referencia e orientan as directrices, obxectivos e accións dos plans de igualdade, tanto no ámbito estatal como no autonómico e local.

 

No ámbito estatal:

  • A Constitución española sinala que lles corresponde ós poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e igualdade dos individuos sexa real
  • O "III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (1997-2000)".
  • A Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

No ámbito autonómico:

  • O "IV Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas (2002-2005)".
  • A Lei para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia (2004).

No ámbito municipal, O Concello de Lugo, como administración máis próxima das cidadás e dos cidadáns, constitúe o marco máis axeitado para a acción efectiva da igualdade de oportunidades. O "I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Lugo" ten como obxectivo a eliminación das desigualdades por razón de sexo.