
MullerRecetario

MullerRecetario é unha sección
dedicada a intercambiar e difundir receitas que poden ser de todo tipo.
En varias ocasións publicamos receitas de cociña de grandes
mestras culinarias coas que gozamos o pracer de cociñar e de
comer. Pasaron por esta sección Gema,
Naima e Dona
Cociña.
Nesta oportunidade Foeminas desexa
ofrecerlle ás súas lectoras e lectores unha receita dunha
gran muller e unha destacada artista. Este é o noso xeito de
honrar a súa memoria e de incentivar a nosa imaxinación.
Por iso, esta receita que se publicará en tres entregas servirá
máis para alimentar o noso espírito que o noso corpo.
Agardamos que este sexa o comezo de moitas máis receitas deste
tipo e convidamos a seguir participando a todas e a todos deste novo
desafío.
Foeminas
Julio 2006
Remedios Varo:
(1908-1963) naceu en Anglés, provincia de Girona
e foi unha das artistas máis destacadas do seu tempo. Por razóns
políticas tivo que exiliarse en México onde residiu
ata a súa morte. Na Galería de
Arte pertencente ao número 7 de Foeminas
está exposta a súa obra e unha pequena biografía.
Esta receita foi extraída de Consellos e receitas.
Museo biblioteca Pape. México.1985.
Receita para provocar soños eróticos
Ingredentes:
Un quilo de raíz forte
Tres galiñas brancas
Unha cabeza de allos
Catro quilos de mel
Un espello
Dous fígados de tenreira
Un ladrillo
Dúas pinzas da roupa
Un xustillo con baleas
Dous bigotes postizos
Sombreiros ao gusto
Desplúmanse as galiñas conservando coidadosamente
as plumas.
Póñense a ferver en dous litros de auga destilada ou de
choiva sen sal e cos allos pelados e molidos.
Déixase ferver a lume lento.
Mentres ferven as aves, colóquese a cama orientada de noroeste
a suroeste e déixese repousar coa fiestra aberta.
Péchese a fiestra media hora despois e colóquese o ladrillo
baixo a pata esquerda da cabeceira da cama que debe estar ao noroeste.
Déixese repousar.
Mentres repousa a cama, relar directamente sobre o caldo a raíz
forte tendo coidado de que as mans estean constantemente impregnadas
polo vapor.
Revólvase e déixese ferver.
Tómanse os catros quilos de mel e esténdense cunha espátula
sobre as sabas da cama.
Continuará no próximo número
Envíanos as túas
receitas a:
mujerecetario@foeminas.lugo.es