Portada

Plan de Igualdade
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Opinionas

Conectadas

Foro

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

       
   

Historia de Mulleres

Emilia Pardo Bazán



Introducción

“Más que nuestros discursos y nuestros estudios, nos ha de sacar a flote el ejercicio de nuestra propia voluntad y la actitud de nuestra línea de conducta. La mujer se cree débil, se cree desarmada, porque todavía está bajo el influjo de la idea de su inferioridad. Es gravísimo error: la mujer dispone de una fuerza incontrastable, y basta con que se resuelva a hacer uso de ella sin miedo. Así como hay remedios eficaces que se componen de venenos, la fuerza de la mujer obliga hoy a luchar con tantas preocupaciones y viejas malicias, la fuerza de la mujer, repito, está formada en gran parte de desprecio…”(1).

 

O número 18 de Foeminas ten entre un dos seus obxectivos fundamentais conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Por iso, unha vez máis desexamos rescatar un novo relato pertencente a unha protagonista esquecida. A vida desta muller recupera o esforzo de moitas de nós na procura da nosa identidade, dos nosos obxectivos e desexos.
A historia que desentrañaremos está relacionada co presente de forma inevitable, marca o comezo dunha das primeiras voces que se fixeron escoitar e cuxo destino foi o xurdimento de moitas máis. Por esta razón temos o agrado de traer do recordo a vida da precursora que habita na figura de Emilia Pardo Bazán.


Herdanza

“Aspiro, señores, a que reconozcáis que la mujer tiene destino propio; que sus primeros deberes naturales son para consigo misma, no relativos y dependientes de la entidad moral de la familia que en su día podía constituir o no constituir; que su felicidad y dignidad personal tienen que ser el fin esencial de su cultura, y que por consecuencia de este modo de ser mujer, está investida del mismo derecho a la educación que el hombre, entendiéndose la palabra educación en el sentido más amplio de cuantos puedan atribuírsele”(2).

Por moitos motivos que se destacarán ao longo da súa vida, Emilia Pardo Bazán é a representación histórica dun singular emblema. A súa traxectoria xoga co tempo, facéndoo anacos, porque introduce o desconcerto de atravesar todas as barreiras e os impedimentos que aínda hoxe persisten no mundo.
Moito antes de que o século XX recollese algunhas das demandas sociais que hoxe parecen antigas, existía unha muller que lograra facelas visibles a través da súa propia visibilidade. Por iso, con esta grande escritora, xornalista, viaxeira, pensadora e lectora temos unha débeda latente manifesta no seu incuestionable legado.
Emilia Pardo Bazán morreu en 1921 sen poder percibir os cambios que se producirían en relación á equidade de xénero. A ela mesma, sendo unha das mellores escritoras do seu tempo, foille vedada en tres ocasións a entrada á Real Academia das Letras. Sufriu en carne propia a inxustiza ao ser agredida polo claustro de profesores e os seus alumnos exercendo a docencia na Cátedra de Linguas Neolatinas, cargo, que por outra banda, foille concibido por primeira vez a unha muller.
Quizais sexa recordada por escribir o primeiro texto feminista moderno, ou tal vez por loitar incansablemente pola igualdade entre os sexos a partir da educación. Pero, sen dúbida descoñécese a súa loita por lograr o que agora entendemos que é.
Hoxe sabemos que a súa historia ten un valor presente e podemos comprender o difícil que continúa sendo romper cunhas negativas e, ao mesmo tempo, recuperar outras positivas e afastadas herdanzas.


Memorias de una joven informal

“Repito que la distancia social entre los dos sexos es hoy mayor que era en la España antigua, porque el hombre ha ganado derechos y franquicias que la mujer no comparte…
Cada nueva conquista del hombre en el terreno de las libertades políticas, ahonda el abismo moral que le separa de la mujer y hace el papel de ésta más pasivo y enigmático.
Libertad de enseñanza, libertad de cultos, derecho de reunión, sufragio, parlamentarismo, sirven para que media sociedad (la masculina) gane fuerzas y actividades a expensas de la media femenina…”
(3).

Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de setembro de 1851 na Coruña, cidade que a marcará e aparecerá constantemente nas súas novelas baixo o nome de Marineda. As súas análises sobre a situación da muller no século XIX, do mesmo xeito que ocorreu con Concepción Arenal, non só sorprenden pola súa anticipación temporal, senón pola súa terrible vixencia.
Desde moi temprana idade recibe unha educación diferencial para unha muller desta época. Esta situación dáse non só polo feito de nacer no seo dun fogar acomodado, senón porque o seu pai e a súa nai, ambos de ideoloxía liberal, estimularon a súa paixón pola lectura e o coñecemento. Foi filla única de don José Pardo Bazán e Mosquera e de dona Amalia de la Rúa Figueroa. Isto posibilitou que dona Amalia, a nai de Emilia, lle concedese certos luxos, entre eles; o privilexio de librala das tarefas domésticas "asignadas ás mulleres" para que ela puidese dedicarse de maneira total á lectura e á escritura.
Contan as e os biógrafas/os que Emilia era cualificada como unha feminista precoz(4), xa que na súa infancia adoitaba xogar indistintamente con xoguetes destinados ás nenas e aos nenos. Tamén hai rexistros de que se negaba sistematicamente a tomar clases de piano e música. Só alguén da súa sensibilidade podía comprender, case inconscientemente, que esta actividade estaba destinada á formación sexista que tiñan as señoritas da burguesía da época.
Deste xeito, Emilia Pardo Bazán transformouse nunha gran lectora desde os 8 anos de idade, e grazas a iso aos 9 anos escribiu os seus primeiros poemas e aos 15 o seu primeiro conto denominado: Un matrimonio del siglo XIX. Neste punto é conveniente recordar que a súa produción literaria é ampla chegando a publicar ao redor de 600 narracións ao longo de toda a súa vida. Esta situación tamén describe o seu vínculo estreito coa profesión de xornalista e o seu compromiso co oficio de escribir.
A educación de Emilia Pardo Bazán completouse en Madrid no Colexio francés, debido ás constantes viaxes que debía realizar o seu pai por aquela cidade. Entre Madrid e A Coruña foise formando o seu carácter inmerso en lecturas, viaxes, percepcións.
Co tempo converteuse nunha gran cronista de viaxes expresando a través dunha linguaxe poética e modernista o que moitas das mulleres da súa época non podían experimentar.
De alí en diante a súa vida proxectouse de xeito irreverente desafiando os espazos destinados exclusivamente para os homes. O caso máis emblemático foi a súa incursión na literatura sobre viaxes, transformándose nunha cronista das cidades, que ata ese entón era a reserva cultural do escritor burgués.
Con todo, lonxe de postularse como unha excepción á regra, como unha individualidade separada das súas imposicións culturais de xénero, ela denunciou as desigualdades que sufrían as súas coetáneas.
Deste xeito, iníciase a viaxe que tanto soñou lendo de pequena os clásicos da literatura universal, pero esta vez os protagonistas deixarán de escribirse en masculino para dar lugar a unha nova épica que terá como centro a Emilia Pardo Bazán...

 

1 Emilia Pardo Bazán. La educación del hombre y de la mujer. Su relación y diferencias (Memoria lida no Congreso Pedagóxico o día 16 de outubro de 1892). En Antología del feminismo. Introducción y comentarios por Amalia Martín-Gamero, editorial Alianza, Madrid, 1975, páxina 154.

2 Emilia Pardo Bazán. La educación del hombre y de la mujer. Su relación y diferencias (Memoria lida no Congreso Pedagóxico o día 16 de outubro de 1892). En Antología del feminismo. Introducción y comentarios por Amalia Martín-Gamero, editorial Alianza, Madrid, 1975, páxina 152.

3 Emilia Pardo Bazán. La educación del hombre y de la mujer. Su relación y diferencias (Memoria lida no Congreso Pedagóxico o día 16 de outubro de 1892). En Antología del feminismo. Introducción y comentarios por Amalia Martín-Gamero, editorial Alianza, Madrid, 1975, páxinas 157 y 158.

4 Vida y obra de Emilia Pardo Bazán, Carmen Bravo-Villasante. Editorial Magisterio Español, Madrid, 1973.

Nota:
A Historia de Emilia Pardo Bazán continuará no vindeiro número de Foeminas.

Micaela Fernández Darriba