Plan de Igualdade
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Consultonas

Opinionas

Conectadas

Foro

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

 

       
   

Contemporáne@

 

É unha sección de Foeminas que se propón dar a coñecer o traballo das mulleres contemporáneas. Aquelas mulleres que habitan os mesmos espazos cotiáns e que se interesan por difundir o seu traballo a outras mulleres e homes a través da rede.
Contemporáne@ albergará no seu espazo diversas creacións feitas por e para as mulleres e estará aberta ás expresións literarias (poesía, narrativa, ensaio breve) visuais (debuxo, gravado, fotografía, arte dixital, etc.) e todas aquelas outras que poidan divulgarse por este medio.

Este mes Foeminas ten o enorme placer de presentar a obra da fotógrafa Vanesa Abelairas.


As imaxes e as cousas

 

Vanesa Abelairas é unha moza artista cuxa obra, polo menos a que este mes presenta en Foeminas, habita nos límites daquilo que indefectiblemente se lle escapa.
Vanesa explora o interior mesmo da imaxe coa intencionalidade de achar un epicentro, coa idea fixa de atopar unha resposta diferente. Acaso unha experiencia distinta do mundo que a rodea. Por iso as súas fotografías sitúanse no bordo, nas fronteiras, inverten sutilmente a esencia das cousas. Sen avanzar de fronte cara á matriz.
Ela comprende perfectamente o difícil que é arribar ao todo. Por iso, atravesa os acontecementos desde as lindes, desde un costado. Sinalando deste xeito o inaprensible e arbitrario do universo.
Aí descobre os nichos, as prazas, as estradas, a arquitectura, as imaxes dentro das imaxes... Así, deste xeito tan particular, amósanos a súa desconcertante e absolutamente necesaria, mirada fotográfica.

                                                                        Micaela Fernández Darriba


Vanesa Abelairas

Lugo 1976.
Cursa estudos de Talla de madeira e de Fotografía artística na Escola Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
Participa en diversas exposicións colectivas e individuais como o Certame Cidade de Lugo e Durmientes na sala Wootelo de Lugo.
Traballou como colaboradora do xornal El Progreso de Lugo e o Estudo de Deseño e Comunicación TaTaTa.
Viviu recentemente en Porto onde desenvolveu a maior parte da súa obra fotográfica. Actualmente vive e traballa en Coruña.





                                                                        Nicho


                                                                    Borracha


                                                                        Plaza


                                                                         Rivoli




                                            Guzzi +


                                           Teide =


                                      Portomarín