|
|
|||||
| Mullerciclopedia É unha sección
dedicada á recensión de libros, artigos de opinión,
películas, música e todo tipo de expresión artística
ou teórica que involucre a cuestión de xénero en
todos os seus aspectos.
"Quero crear conciencia das nosas raíces a partir das miñas experiencias. Mólestame que sintamos vergoña do que somos.” O gran Jorge Negrete pediulle nunha ocasión a Luis Buñuel que mostrase nas súas películas o "México lindo", preocupado pola imaxe que películas como "Los Olvidados" daban do seu país. Don Luis na súa etapa mexicana non estaba interesado no cine de charros e mariachis, e si na realidade social daqueles anos 50. Vía méxico como un estranxeiro que non pode abstraerse desa realidade. E iso debía ser o que molestaba tanto a Negrete. E di Lila Downs de Frida Kahlo que tiña unha forma moi estranxeira de ser mexicana. E quizais fale tamén dela masma. Lila; a gringa, a indíxena, a cantante mestiza, de sangue e palabra. A nena que medrou nunha dobre realidade, entre o tradicional e o moderno. A antropóloga mixteca e estadounidense, cuxa nai pertence ao "pobo de choiva": La Mixteca; rexión ao sur de México, entre Oaxaca , Guerreiro e Puebla. Anita, indíxena mixteca, coñeceu ao futuro pai de Lila cando el foi a rodar a Oaxaca un documental. Mr. Downs, cineasta e pintor norteamericano de orixe escocés, menbro do prohibido partido comunista, atopouna cantando nunha cantina e namorouse dela. Da súa unión naceu en 1968 Lila. Ela creceu entre dous paises- en Tlaxiaco, Oaxaca e en Minneapolis, Minnesota- convivindo alternativamente con cada un dos seus proxenitores, separados polos seus respectivos traballos. Estudou Canto e Antropoloxía social na Universidade de Minnesota e na Escola de Belas Artes de Oaxaca. Licenciouse en antropoloxía cunha tese doctoral sobre os tecidos usados na confección textil das mulleres triquis. “Uno de los temas que más me interesa es pensar que podemos seguir retomando la cultura indígena y, al mismo tiempo, vivir una realidad moderna. Junto con otros compañeros de las comunidades triquis, mixtecas y zapotecas de Oaxaca, he crecido pensando que todas nuestras comunidades indígenas necesitan una autonomía política y legal, y un gran respeto de parte de todos. Sus lenguas e ideas de nación deben permanecer, sin olvidarnos de lo que ocurre en el mundo, porque formamos parte de este todo."(www.estaciontierra.com) Empezou cantando rancheras no seu pobo natal. Cantaba nas festas patronais con diversos grupos da Mixteca; entre eles, "Los Cadetes de Yodoyuxi". Cantando en "La Trova Serrana" como corista, coñeceu á súa parella Paul Cohan -pianista e saxofonista de Philadelphia-, e comezaron a compoñer música xuntos. Construíndo un rico mestizaxe musical, onde as influenzas aséntanse para confluír nun estilo orixinal de expresión. "Como artista, o meu traballo consiste en recrear, escribir e cantar as miñas ideas e reflexións sobre temas como a migración, a muller e o mundo indíxena, a través da combinación de diversos estilos musicais." Tras catro discos no mercado e diversos premios de la "world music", incluído un Oscar á mellor canción pola banda sonora de "Frida" ou o Grammy latino do 2005 ao mellor disco de música folk por "Una sangre", publica 'A Cantina, entre copa e copa' (Narada-Virgin 2006). Jose Lemur |