Plan de Igualdade
Galego / Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Consultonas

Opinionas

Conectadas

Foro

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

 

Contacto

 

         
   

Viaxeiras

Esta é unha sección integramente dedicada ás viaxes, ás percepcións e ás experiencias que se derivan destas a través dunha mirada feminina. Ten o obxectivo de coñecer lugares novos e recoñecernos a nós mesmas a partir da temática da viaxe.

Se realizaches algunha viaxe na túa vida xa sexa real ou imaxinaria, próxima ou afastada, concreta ou metafórica e desexas compartir a experiencia... entón envía un email a:

viaxeiras@foeminas.lugo.es

 

 

VIAXE A PALESTINA




 

A viaxe foi organizada polo Concello de Leganés e pola "Plataforma de Mulleres Artistas contra a Violencia de Xénero". Sinfonía de Mulleres pola Paz de Palestina". Con este lema un grupo de persoas, entre elas cantantes, actrices, pintoras, organismos, asociacións, escritoras, xornalistas, etc. Para darlles un pouco de alegría nestas datas navideñas, en que se ofreceu un Concerto na Praza do Pesebre.
Impresionoume a cantidade de persoas que viñan celebrar o Nadal en Belén, para recibir ao Patriarca, verdadeiramente digno de verse, era unha procesión continua de grupos de distintas rexións, coa súa vestimenta de distintas cores, que ían acompañados das súas músicas, dando así un conxunto de contrastes harmónicos de cor e son.
Con todo, non podemos de esquecer que noutras cidades, como Ramala, Hebrón, Gaza, seguían os combates, onde a xente estaba a morrer.
Seguramente a meirande parte das persoas que estiveran en Belén, terían que volver aos seus fogares, atravesando checkpoints, controlados polo exército ocupante israelí, sabendo que poderían estar horas nos diferentes controis.

Ana Lezcano