|
|
|||||
|
Casa da Muller
O Centro de Atención á Muller, na actualidade Casa da Muller, créase o día 1 de xullo do ano 1987, en virtude dun convenio de colaboración entre o Instituto da Muller e o Concello de Lugo. A Casa da Muller ten como finalidade previ-la marxinación existente na nosa sociedade, procurando un maior acceso á información que posibilite o exercicio dos dereitos legalmente recoñecidos e a integración efectiva deste colectivo na vida económica, cultural e social da comunidade. Tamén desenvolve unha labor de colaboración cos organismos e entidades do municipio, facendo sempre fincapé na necesidade dunha toma de conciencia da situación da muller e da acometida de actuacións que favorezan a igualdade de oportunidades, e con iso, a plena e efectiva incorporación das mulleres a tódolos ámbitos da vida social. A Casa da Muller ofrece: - Atención personalizada e gratuita sobre malos tratos, vexacións, amezas, agresións sexuais, acoso sexual� - Información e asesoramento social. - Información sobre recursos existentes na comunidade. - Coordinación con outros servizos para o tratamento de problemáticas asociadas: saúde, emprego, servizos sociais� - Información e asesoría xurídica: separación e divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumplidas, denuncias por violencia, discriminación laboral, baixas por maternidade ou paternidade� - Atención e apoio psicolóxico. - Servicio de atención e acollida en pisos en casos de violencia ou malos tratos. - Educación para a igualdade. A Concellería da Muller conta na actualidade coa Casa da Muller e un Centro de Acollida para Mulleres víctimas da Violencia de xénero, nos que traballan un total de dez profesionais.
A CASA DA MULLER A evolución deste Servizo nos últimos anos constátase principalmente polo aumento do número de persoas que persoas que acuden en demanda de atención. Así, no último ano 2004 houbo un incremento dun 65% de demanda de atención xurídica, xurídica e social con respecto ó ano anterior (1113 persoas ó longo do 2004, fronte a 723 persoas no 2003).
Dende esta consideración, destináronse catro pisos propiedade do Concello de Lugo para o acollemento de mulleres maltratadas e das suas fillas e fillos, nos casos nos que se atopen en situación de indefensión, como consecuencia de malos tratos físicos ou psíquicos que poñan en perigo a súa integridade persoal. A atención ás persoas acollidas lévanna a cabo cinco profesionais durante as 24 horas ó día, os sete días da semán, por quendas. A Concellería de Muller recibiu subvencións da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
ACTIVIDADES DA CASA DA MULLER PROGRAMAS E RECURSOS
As ociotecas atópanse ubicadas no Parque da Milagrosa, Centro Social Uxío Novoneyra e Centro de Fontiñas.
PROGRAMA �NON ESTÁS
SOA� DE APOIO ÁS MULLERES QUE SAEN DO CENTRO DE ACOLLIDA
PROGRAMA DE CONCESIÓN
DE SUBVENCIÓNS A MULLERES DESEMPREGADAS DO MUNICIPIO DE LUGO
PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR CLASE �D�
PROGRAMA DE CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO �DÍA INTERNACIONAL DA MULLER�
�CUARTA SEMANA SOLIDARIA DA MULLER�. En colaboración coa ONG �Solidariedade Internacional�. Actos: - EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS - MERCADILLO SOLIDARIO DE COMERCIO XUSTO. - CONFERENCIA, a cargo da Presidenta de Solidariedade Internacional. - CONTACONTOS.
�DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA HACIA AS MULLERES�
XORNADA DE LOITA CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO
�III XORNADAS LOCAIS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO�
MIEMBROS Belén Regueiro Burgo. Coordinadora María José Castro Álvarez. Traballora Social María Jesús González-Vara Pin. Avogada Valéntín López Aira. Psicólogo Dolores Rancaño Osorio. Técnica da Administración Teresa Rodríguez Chao. Auxiliar Administrativa
fotografías Aymará Ghiglione
|