![]()
|
|||||
MullerciclopediaÉ unha sección dedicada á recensión de libros, artigos de opinión, películas, música e todo tipo de expresión artística ou teórica que involucre a cuestión de xénero en todos os seus aspectos. MERCEDES PEÓN: A forza escondida na suposta debilidade.
Unha rapaza de 13 anos descobre os sons que proveñen da súa terra ao escoitar cantar a unhas mulleres na Costa da Morte, e resúltanlle tan exóticos como os de Alxeria ou Marrocos. Obsésionase por coñecer máis e, gravadora en man, percorre pobos e aldeas da súa Galiza natal. Con instinto de etnógrafa recompila cantos e ritmos para que no se perdan no tiempo. Mercedes Peón (A Coruña 1967) representa a inquietude por coñecer as orixes das músicas que perviven (sobreviven) na contorna rural, rescatalas da fagocitación das urbes. Este coñecemento adquirido lévaa a cantar con diversas bandas e a colaborar no primeiro disco de Xose Manuel Budiño, cos Diplomáticos de Montealto e ata con Mano Negra. Vinte anos despois publica o seu primeiro traballo, Isué (Resistencia, 2000), sorprendente compendio de folclore galego actualizado. Polo camiño convértese en colaboradora do programa da TVG (Televisión de Galicia) "Luar" no que presenta os seus achados. Este para moitos foi o primeiro contacto con esta muller amosadora da natureza tribal do flolclore galaico. Ajrú (DiscMedi, 2003), a súa segunda gravación, é un disco que rompe esquemas preconcibidos sobre o acomodaticio folk galaico de consumo interior; e que lle devolve sentido á experimentación partindo da raíz mesma do son; que inxecta zume nova no vello tronco. Con estes antecedentes, a escoita do último traballo xa non sorprende: impacta e emociona. Sihá (DiscMedi, 2007), é outro vocablo no dicionario estrañamente familiar de Mercedes Peón. Cando a palabra é música ao ser cantada, atávica, e próxima como o latexo do corazón. Mediante un minucioso proceso de sampleo e secuenciación Mercedes consegue facer unha exhibición do que debe ser a música como arte para ser escoitado. Unhas pandeiretas que chisporretean electricidade, unhas gaitas provenientes do espazo exterior, unhas percusións feitas con sachos, e uns baixos que retumban como as ondas nos ollos do mar da costa da morte: a voz do matriarcado soando en loop hipnótico. Todo isto perfectamente integrado e reinterpretado polos músicos que a acompañan no directo. Jose Lemur
|