![]()
|
|||||
|
Foeminas panorámica
Este número 22 da nosa publicación mensual comprácese en presentarvos unha segunda entrega da nosa flamante sección Foeminas panorámica. Nesta oportunidade atoparedes unha campaña destinada aos homes sobre as tarefas domésticas realizada en Lugo, unha guía que forma parte do Proxecto All Together e novamente unha campaña de sensibilización, pero lanzada desde Chile contra a violencia de xénero. Foeminas Non sexas un macho… sé un home A Concelleira de Muller e Servizos Sociais presentou a innovadora campaña de sensibilización contra o machismo realizada polo Concello de Lugo. Baixo o lema Non sexas macho… sé un home trata de concienciar da necesidade de acadar a igualdade entre homes e mulleres. A idea é chamar a atención da sociedade para facerlles ver a necesidade de compartir as tarefas domésticas. Desde o 9 de novembro sairán a rúa un total de 1.000 lotes de costura e outros tantos de limpeza de calzado co lema impreso para chamar a atención e intentar facer reflexionar á sociedade sobre un tema de tanta importancia como é a igualdade. Como ven sendo habitual nas campañas a favor da igualdade entre xéneros que pon en marcha a concelleira transgrede, unha vez máis as normas e denuncia unha situación real mediantes as mensaxes claras e directas. Campañas similares na loita contra as trabas machistas postas en marcha por Carmen Basadre foron: Igualdina 500 forte e El polvo es cosa de 2. Iniciativas que contaron cun forte respaldo dos homes membros do Goberno Local, especialmente do Alcalde de Lugo, José López Orozco, quen regalaba a caixa de medicamentos ou a gamuza das campañas a todas as parellas que se casaron na Casa Consistorial. A concelleira Carmen Basadre Vázquez destacou a importancia que teñen as campañas deste tipo, en especial na actualidade, cando a violencia machista segue cobrándose a vida de demasiadas mulleres, 68 no que vai de ano e de 4 menores. http://www.lugo.es/concello/noticia.asp?s=45&id=7372 Proyecto All Together Achegamos a Guía para as organizacións desenvolvida durante a nosa participación no Proxecto All Together co título: Implicación dos homes en igualdade no equilibrio entre vida familiar, persoal, e laboral. A mesma está dispoñible en diversos idiomas na web www.all-together.org; concretamente no apartado Produtos. Contacto: Equipo do Programa Homes pola Igualdade. Chile lanza unha campaña de sensibilización sobre a violencia intrafamiliar. Ama sen golpes, proxecto privado e sen fins de lucro, presentouse no Centro da Muller na localidade chilena de Conchalí. Coa presenza da Ministra do Servizo Nacional da Muller do Goberno de Chile (SERNAM), Laura Albornoz; a Secretaria Rexional Ministerial (Seremi) Paula Urzúa e o alcalde de Conchalí Carlos Sottolichio presentouse a campaña Ama sen Golpes que busca sensibilizar sobre a violencia intrafamiliar e en particular, sobre a violencia contra as mulleres. |