Portada

Plan de Igualdade
Galego Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Opinionas

Conectadas

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

         
   

 

Historia de mulleres
María Casares

A historia que se presenta neste novo número de Foeminas forma parte do relato de moitas mulleres pero ao mesmo tempo transfórmase como sempre nunha historia única.

É imposible falar de teatro e de paixón sen botar unha ollada á vida desta muller, que polos seus vínculos coa interpretación soubo ser moitas e pola súa vocación e mérito é asociada inmediatamente cun nome.

"O teatro é vivir multiplicado por dez ou por cen". Por isto, o número 23 de Foeminas comprácese en presentar a vida, o compromiso e o traballo de María Casares.

A estranxeira

María Casares naceu na Coruña o 21 de novembro de 1922. Desde nena mostrou un gran afecto pola arte grazas ao traballo inculcado polo seu pai e pola súa nai a quen as circunstancias obrigaron ao exilio. Desde nova a actriz viuse obrigada a trasladarse, a viaxar, a percorrer distancias enormes. Deste xeito, pouco a pouco e formándose coa experiencia vital o seu corpo e a súa alma foron viaxando por diversos escenarios e adaptándose aos tempos.

"O primeiro exilio foi o máis importante, o de Galicia a Madrid".

O seu pai, Santiago Casares Quiroga, foi ministro do Interior na II República española. Por mor da súa actividade política a familia debeu trasladarse a Madrid, onde María cursou os seus primeiros estudos. Ao estalar a Guerra Civil, logrou fuxir a Francia xunto á súa nai Gloria, onde foron recibidas por un amigo da familia para despois instalarse definitivamente en París. Esta segunda viaxe non foi tan traumática para María. "De Madrid a Francia non me dou conta, era a aventura, tiña trece anos, estabamos en plena guerra, no fondo había unha aposta e a aposta é un pouquiño toda a miña vida".

Nesa mesma cidade foi precisamente onde María comezou a súa carreira profesional, xa que ingresou no Conservatorio de Arte Dramática de París e no ano 1942 ingresou no Théatre des Matarins, lugar no que hizó o seu debut cunha obra chamada Deirdre des Douleurs.

Os acontecementos que se sucederon en París e a súa vinculación co teatro, a literatura e a arte do seu tempo foron en dúas direccións, ao parecer, contraditorias. Por unha banda, soubo coñecer a desdita do exilio que ao mesmo tempo a levou a atopar o recoñecemento e o éxito.

María Casares amaba o teatro porque obtiña do mesmo experiencias fugaces e efémeras, experiencias que marcaran constantemente a súa vida, que a describían e a marcaban no corpo.

O teatro como bandeira

"Vin a luz por primeira vez en 1922. A terra coa que fun feita é Galicia. Nacín no teatro Mathurins. A miña patria é o teatro, e o meu país de orixe a España Refuxiada. Solteira, a miña profesión é o exercicio da arte dramática."

A vida de María Casares foi unha vida apaixonante nutrida pola experiencia vital da súa paixón pola interpretación. Unha vida que ela mesma se encargou de expor na súa autobiografía Résidente privilégiée (Residente privilexiada) (Fayard, 1980), unhas memorias que foron excelentemente ben recibidas, en especial por escritores da talla de Alejo Carpertier, quen quedou fascinado polo retrato que a actriz construíu de Albert Camus.

María Casares mantivo unha relación con Albert Camus recollida na correspondencia mantida entre ambos e documentada no libro publicado en 2005 e denominado Maria Casares, L´étrangère (Fayard), realizado por Javier Figuero e Marie-Hélène Carbonel.

María Casares sempre se sentiu unha estranxeira, desde o seu primeiro traslado de Galicia a Madrid ata o seu lugar en Francia e paradoxalmente ao seu regreso a España tras a morte do ditador.

María Casares regresou a Madrid para interpretar o papel da Gorgo en El Adefesio de Alberti, unha posta e unha interpretación moi ovacionadas levadas a cabo no Teatro Reina Victoria en 1976.

Sostivo sempre que o teatro leva ese proceso matemático de multiplicación, con todo a súa vida mantivo unha soa liña, un único argumento, o da coherencia.

María Casares é exactamente a mesma muller nova e madura, galega e republicana, apaixonada e nostálxica que, en 1988, rexeita recibir de mans do Rei a medalla do mérito ás Belas Artes. Aquel lugar non era o seu espazo, o seu retorno debía estar marcado polo triunfo convincente dos seus ideais.

Desta mesma forma comprendeu que non podía volver a Madrid para converterse nunha gran artista xa que fora expulsada de alí. Nas súas memorias de Residencia privilexiada, María conta o convite que lles dera á súa nai e a ela o embaixador de España en Francia a mediados da década do 40, coa intención de convencelas para que regresasen ao país e restituírlle á actriz na súa terra a transcendencia que estaba acadando no estranxeiro.

Sen dúbida e unha vez máis obxectou as honras por razóns de conciencia.
Tal e como ela explica sería insoportable voltar como unha turista, ela debía volver triunfante e cunha obra de nada máis e nada menos que un exiliado do mesmo xeito que ela. María sentía que o traballo a completaba, especialmente o levado a cabo no escenario .
Alí se transforma na estranxeira que recupera o seu lugar, o seu lugar a través da arte, a través de espazo que lle pertence porque sen dúbida é a súa patria.

Residente privilexiada

Definiu constantemente o seu traballo con relación ás súas necesidades. Sempre puido xactarse de facer o que quería, de elixir a súa patria. Por iso escolleu aos autores e autoras dos seus textos, dos seus monólogos.

"Tiven a sorte de ser querida, de certo xeito, polo escritores e poetas, é dicir que sempre me entendín moi ben co autor da obra, claro que eran autores que eu elixía. Iso axudoume a seguir a liña desa fidelidade da que falo e que non podía ser doutras xeito...porque hai textos que non podo dicir porque non me interesan".

Isto mesmo levouna a manter lazos e vínculos estreitos con diversos escritores/as e dramaturgos emblemáticos do século XX. Por iso realizou importantes pezas teatrais e foi musa de Camus e Barrault, protagonizando obras claves do existencialismo, como O malentendido (1943), Estado de sitio (1948), Os xustos (1949), todas de Albert Camus, e Le Diable et le Bon Dieu (1961), de Sartre.

Traballou, á súa vez, na Comédie-Française, no Teatro Nacional Popular, un espazo de forte compromiso social e político, con Jean Vilar, e no Théatre de France, con Barrault. Nos últimos anos de carreira levou a escena obras como O conto de inverno, de Shakespeare, Hécuba, de Eurípides, ou A nai, de Bertolt Brecht. Sobre o final da súa carreira, nos anos 90 foi distinguida co Premio Nacional de Teatro de Francia.

En 1957 María Casares realiza unha xira por Sudamérica na que é homenaxeada polos exiliados galegos (Eduardo Blanco Amor, Luis Seoane, Laxeiro...) este feito lévaa a reencontrarse coa súa lingua natal, o galego.
Unha parte importante da súa vida foi integrada e novelada no libro Os libros arden mal (2006) de Manuel Rivas.

Punto de chegada

A pesar de amar a fugacidade e o efémero, o seu paso por esta vida rexistra unha pegada indeleble. Recibe o premio de interpretación no Festival Internacional de Locarno. En 1948, é condecorada co mérito filla predilecta da Coruña e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. Os premios de teatro galego levan o seu nome e ata un grupo de republicanos/as mantén unha proposta para substituír o nome do Teatro Colón polo de María Casares, a modo de reparación histórica.

Morreu en 1996 en Francia.

A entrevista realizada por Televisión Española e citada neste artigo pode ser consultada en: http://www.culturagalega.org/exilio/video1.php