Portada

Plan de Igualdade
Galego Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Consultonas

Opinionas

Conectadas

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

         
   

 

MullerRecetario

 

Gefilte fish. Ingredientes

2 quilos de dourada, 1/2 kg de filete de pescada
2 ovos
3 cebolas grandes
2 culleradas de sal, 4-5 culleradas de azucre, 1 culleradiña de pementa branca, 2 culleradiñas de noces picadas.

Realización

Elixir un peixe grande, escamalo e lavar ben.
Cortalo en talladas de 3-4 cm de espesor.
Sacar coidadosamente a maior parte da carne sen danar a pel e deixando o espiñazo no medio.
Pasar a carne sacada, xunto co filete de pescada e 1 cebola pola trituradora.
Nunha pota grande, ferver pouca auga coas cebolas cortadas en rebandas, sal, azucre e pementa ao gusto.
Encher as talladas de peixe coa mestura e introducilas na tarteira, engadindo máis auga quente ata cubrir as talladas.
Ferver lentamente durante 2 - 3 horas coa pota tapada. Retirar do lume e sacar as talladas cunha coa escumadeira.
Dispor sobre unha fonte e engadir un pouco da mollo, deixando por separado o resto.
Arrefriar todo
Servir a fonte de peixe separado do mollo xelatinado que se solidifica por si mesmo.

¡Shana tova umetuka ! (feliz ano novo con dozura)

Feliz ano novo para tod@s, Edith desde Bos Aires.

 

¡Envíanos as túas receitas!