Portada

Plan de Igualdade
Galego Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres
Historia de Mujeres

Axenda Cultural
Agenda Cultural

Galería de Arte
Galería de Arte

Mullerciclopedia
Mujerciclopedia

Mullerrecetario
Mujerrecetario

Viaxeiras
Viajeras

Consultonas

Opinionas

Conectadas

Becas e axudas
Becas y Ayudas

Staff

Contacto

         
   

 

Presentación da Concelleira Carmen Basadre no aniversario de Foeminas.


Hai un ano desde que a revista Foeminas abriu as súas portas virtuais a mulleres de todo o mundo a través de Internet, ese magnífico vehículo de unión transnacional.

Foi este un ano cheo de merecido recoñecemento ao traballo de moitas mulleres en distintos ámbitos culturais e sociais que deixaron a súa impronta durante anos en distintos ámbitos.

Pero o importante é o fondo e obxectivo desta revista: escoitar as voces das mulleres e crear unha publicación de xénero, que loitase por conseguir de forma efectiva que estas ocupen o lugar que lles corresponde na sociedade.

A transcendencia desta publicación virtual deixouse sentir xa no número de visitantes, nas distincións recibidas e na presenza en diferentes foros internacionais.

Sempre queda moito por facer pero hai que pensar en todos os pasos que se están dando desde os distintos ámbitos, pasos que é necesario que se coñezan e que en Foeminas teñen o seu rampla de promoción.

Debemos seguir afianzando un futuro onde a posibilidade de elixir sexa a mesma para os homes e para as mulleres. Son a educación e a cultura fundamentais á hora de construír un mundo no que ninguén se considere mero visitante.

Estou convencida de que se algo temos claro as mulleres é que para avanzar no noso camiño de igualdade necesitamos construír pontes, tecer redes a través das cales se transmita o que vivimos e como o vivimos en calquera parte do mundo. A maioría das mulleres que participan en Foeminas fano e vano a facer coa súa arte.


Carmen Basadre Vázquez
Concelleira de Muller e Servizos Sociais