![]()
|
|||||
|
Foeminas panorámica
Foeminas panorámica intenta amosar unha mirada ampla sobre todos os problemas que afectan ás mulleres no mundo. Tamén é un espazo para recibir convocatorias a concursos, accións globais ou encontros. Lugo: Arrinca un novo ciclo de cine xuvenil sobre “Muller e Interculturalidade” Todos os venres desde o 7 de marzo ata o 27 de xuño proxectarase unha película no CSM Uxío Novoneyra O filme “O domingo, se deus quere” abre o ciclo este venres ás 22:00 horas Este venres, 7 de marzo, arrinca un novo ciclo de cine xuvenil organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Baixo o título “Muller e Interculturalidade” proxectarase unha película cada venres, ata o 27 de xuño, no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas. O filme “O domingo, se Deus quere”, dirixido por Yamina Benguigui abre este ciclo que comprende outros quince títulos que abordan como temática común os diferentes aspectos da convivencia entre as diferentes culturas, ben para denunciar os principais obstáculos como son o racismo ou a marxinación, ben para transmitir historias de superación persoal. A película francesa de Yamina Benguigui conta a historia de Zouina (Fejiria Deliba), unha arxelina que chega a Francia cos seus tres fillos e ca súa sogra para reunirse co seu marido Ahmed (Zinedine Soualem), a quen non ve dende fai moito tempo. A vida como inmigrante para ela será moi difícil xa que se encontrará con veciños agresivos, desconfianza no seu marido e problemas ca súa sogra. O único que a manterá en contacto co mundo real e as mulleres é a radio. Cansada e soa, un día descubre que moi cerca dela vive outra familia argelina e fará todo o posible para lograr contactar con ela. Outros títulos que se proxectarán ao longo deste ciclo son “As mulleres de verdade teñen curvas”, “A voda del monzón”, “El principio de Arquímides”, “Solas”, “Os amantes do Círculo Polar”, ou “O tren da memoria” entre outros, todas películas de recoñecido prestixio e gran calidade cinematográfica. IV concurso de relatos de muller Matilde Bares Poderán participar mulleres e homes maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Tema libre, dentro da temática de muller. Os relatos serán orixinais e inéditos e non premiados con anterioridade en calquera outro concurso ou certame. Os traballos presentaranse en soporte papel e informático, debidamente paxinados. Terán unha extensión non inferior a 20 folios nin superior aos 40, escritos por unha soa cara, letra Times New Roman, tamaño 12 e interliñado 1,5. Os relatos entregaranse por cuadriplicado, co título da obra, lema e sen sinatura. Ademais, achegarase nun sobre pechado o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI do/a autor/a. No exterior do sobre indicarase o título da obra e lema do/a autor/a . Cada autor/a, poderá presentar o número de relatos que estime conveniente. Prazo: 30-04-08 Convocatoria Mujeres víctimas de la violencia 2008 Obras Sociales CAM, de acuerdo a su finalidad de fomentar y promover la integración social de colectivos de especial vulnerabilidad o con graves dificultades sociales, presenta la Convocatoria CAM INTEGRA 2008 – ATENCION A MUJERES VICTIMAS DE VIOLENCIA y las bases que la regularán. Primer Congreso Latinoamericano sobre Trata y Tráfico de personas. Se realizará en Buenos Aires, Argentina, los días 4, 5 y 6 de junio de 2008, en la Facultad de Ciencias Sociales, Universidad de Buenos Aires. Toda la información referida a este congreso puede consultarse en: Presentación de resúmenes y trabajos Los resúmenes y los trabajos presentados serán recibidos y seleccionados por el Comité Organizador. Todos los trabajos seleccionados serán publicados en un CD. Los mismos deberán ser enviados a la dirección: Estas son las fechas para la presentación de los resúmenes y trabajos Resúmenes: 28 de marzo de 2008. Comité Organizador -Centro de Investigación y Acción en Derechos Humanos y Desarrollo -
|