
Viaxeiras

Esta é unha sección integramente dedicada ás viaxes, ás percepcións e ás experiencias que se derivan destas a través dunha mirada feminina. Ten o obxectivo de coñecer lugares novos e recoñecernos a nós mesmas a partir da temática da viaxe.
Se realizaches algunha viaxe na túa vida xa sexa real ou imaxinaria, próxima ou afastada, concreta ou metafórica e desexas compartir a experiencia... entón envía un email a:
viaxeiras@foeminas.lugo.es
Guanajuato
Está vostede namorada? Si? Entón Guanajuato é o lugar que vostede busca. Percorra as súas rúas subterráneas e os seus “callejones” (incluído o chamado "do bico", así denominado porque é tan angosto que é posible bicarse desde un balcón a outro das casas enfrontadas) e viva o ambiente dunha cidade case española no centro de México. Músicos ambulantes, vestidos como no século XVI guíarano a través da cidade nunha “callejoneada” que non podería ser cualificada doutro xeito que salmantina. Cee á luz das candeas no Xardín da Unión, baixo as árbores frondosas. Baile salsa nos barrios e bizarros bares espallados polo centro histórico.
Alóxese no Hotel Misión Michoacán, xunto ao cal se atopa o museo da ex-facenda San Gabriel de Barreira, e percorra os recoletos recunchos dos seus catorce xardíns, cada un deles representativo dalgunha rexión do orbe (recomendo o romano e o mexicano), e logo visite o impoñente casco da facenda, dun luxo que envexaría calquera castelo. Pasee en bote polo espello de auga da presa, ou faga un percorrido panorámico polas serras da cidade que está como colgada.
Chámenos. Se o amor golpeou á súa porta, Guanajato será o destino privilexiado do seu idilio.
Apéndice: Que facer no caso de estar unha solteira e aínda así atoparse de todos os xeitos en Guanajuato?
Lidia Maturo