![]()
|
|||||
|
Foeminas panorámica
Foeminas panorámica intenta amosar unha mirada ampla sobre todos os problemas que afectan ás mulleres no mundo. Tamén é un espazo para recibir convocatorias a concursos, accións globais ou encontros. Formación en violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade:IgualdadeFORMA ESPAZO DE TELEFORMACIÓN ofrece unha formación en liña sobre violencia de xénero, con especial incidencia na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; cunha metodoloxía áxil e flexible dirixida a todas as persoas interesadas, con diferentes niveis de formación e/ou coñecemento, incidindo na rede de profesionais que traballan en violencia de xénero en Galicia. Os obxectivos que persegue a Secretaría Xeral da Igualdade, coa posta en marcha de Igualdade FORMA ESPAZO DE TELEFORMACIÓN son os seguintes: Máis información: http://www.igualdadeforma.org/alumno/default.htm Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela:As mulleres do marMª do Carme García Negro De 8 a 11 de xullo Moaña 34 h (Curso) O obxectivo primordial deste curso é profundizar nas características do papel da muller no sector pesqueiro desde a perspectiva de xénero. Est udar os seus problemas, os obstáculos que impiden o seu progreso, mellorar as estruturas das que dispoñen, buscar novas iniciativas e as accións necesarias para lograr un maior recoñecemento, tanto a nivel xurídico como social, que se respalden os seus esforzos para garantir os seus dereitos sociais e económicos tales como a igualdade salarial, os subsidios por desemprego, as enfermidades profesionais, a conciliación entre a vida profesional e a familiar, e a protección da seguridade e da saúde no traballo, co recoñecemento de enfermidades profesionais. Estudar e debater as medidas necesarias para eliminar as barreiras administrativas e sociais que impiden a plena participación e o avance das mulleres no sector pesqueiro, en todas as súas áreas, fixándonos especialmente no empoderamento e fomento do espíritu empresarial. Muller, igualdade e dereito; unha lacra máis: a violencia de xéneroRaquel Castillejo Manzanares De 16 a 18 de xullo Santiago de Compostela 30 h (Curso) Tratarase neste curso de achegarlle aos profesionais do Dereito, especialmente ao colectivo de mulleres xuristas, aos estudantes de Dereito, e como non a todos os colectivos de persoas afectadas polas materias reseñadas, o tratamento dos problemas, as ameazas e as desigualdades ás que teñen que facer fronte as mulleres na sociedade actual. A visión que se trata de ofrecer é crítica desde unha perspectiva de xénero, cun espazo de debate e reflexión entre os participantes, especialistas e interesados; ofrecer respostas, aclarar dúbidas, suxerir solucións e pautas de comportamento aos profesionais en especial do Dereito, así como doutras ramas, que interveñen nos conflitos familiares ou teñen algunha responsabilidade en relación con eles. Á vista de todo isto, este seminario pretende ser un escenario no que se escenifique cal foi o impacto da mobilización das mulleres, as políticas publicas que tiveron, e o que queda por facer. II Congreso sobre violencia doméstica desde a perspectiva educativa.12 e 13 de xuño de 2008 en Villajoyosa. Alacante.A participación será aberta, vai dirixido principalmente aos colectivos vinculados, esto é: Letrados, principalmente do turno especializado, membros das Forzas e Corpos de Seguridade, estudantes, e persoal da rama sanitaria, social e educativa. Data máxima de inscrición: 09 de xuño de 2008 Cursos de verán de xénero e desigualdade en televisión: as series de ficción en televisión. Análise da súa proposta de comunicación e tratamento da figura das mulleres.Sede Universitaria de Villena. Alacante.Descrición do curso: 14/07/2008 ao
18/07/2008 Cursos de verán de relacións de xénero e desenvolvemento. Escola de Relacións Internacionais e Cooperación. Universidade Complutense. Obxectivos 03/07/2008 ao 31/07/2008 Movida(s) mulleres: Música e transgresión na Transición española. Campus da Universidade de AlacanteA participación das mulleres na música durante a Transición Española reflexa os contrastes, aspiracións e novas realidades que provocou o cambio político. Cantantes solistas, grupos musicais compostos por mulleres, instrumentistas e compositoras legaron un patrimonio que será analizado baixo o enfoque de xénero. Este é o propósito do curso, analizar a música do periodo a través das mulleres que participaron nela, dar visibilidad á obra, e polo tanto xerar lecturas contrastantes da época que acheguen unha nova narración historiográfica musical. 21/07/2008 al 25/07/2008. A muller periodista e os problemas de xénero. 30 de xuño ao 4 de xullo. Universidade Complutense.Cada vez hai máis mulleres na profesión xornalística e moi pronto serán maioría, se é que non o son xa. Así o auguran as matriculacións nas facultades de xornalismo, o crecemento imparable de mulleres xornalistas nas asociacións de prensa e a simple visión das redaccións dos xornais e demais medios. Con todo, o panorama profesional xornalístico apenas cambiou en dúas cousas fundamentais: os cargos directivos seguen sendo ocupados maioritariamente por varóns e as desigualdades de todo tipo, ás veces vergoñentas, en prexuízo das mulleres. Convocatoria: Xénero e educación. Revista Mexicana de Investigación educativaTema: Xénero en educación A publicación pretende conxugar reflexión, crítica e diálogo nacional e latinoamericano. Temas de interese específico: • As teorías de xénero e a educación: un campo de estudo en construción “II Seminario Internacional: Cidades seguras para as mulleres, cidades seguras para tod@s”UNIFEM abriu unha convocatoria para presentar artigos, produtos de investigacións, análises, debates teóricos e estudos de casos latinoamericanos sobre os asuntos que se discutirán durante o seminario “Cidades sen violencia cara as mulleres, cidades seguras para tod@s: América Latina e Caribe”. INFORMACIÓNS Para máis información ou consultas, escribir a XII Certamen de Narrativa Premio "María de Maeztu"A Asamblea de Mulleres de Estella-Lizarra (Navarra) convoca o XII Certame de Narrativa Premio "María de Maeztu". Poderán participar todas as mulleres maiores de 16 anos, de calquera nacionalidade ou residencia. Este premio ten dúas modalidades, en lingua castelá e en lingua vasca. O prazo de admisión das obras finalizará o día 31 de xullo de 2008
|