Informe proposta aprobación "I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Lugo"


LIÑAS PRIORITARIAS DO PLAN DE IGUALDADE

  • A transversalidade. Incorporar a igualdade entre mulleres e homes en todas as políticas, programas e actuacións do Concello. Leva implícito o compromiso de todas as persoas responsables dos distintos servizos municipais.
  • A perspectiva de xénero. Tomar en consideración e prestar atención ás diferenzas entre mulleres e homes en calquera actividade ou ámbito dunha política.
  • A accesibilidade. Esta liña orientará todas as accións do "Plan de Igualdade de Oportunidades", partindo da base de que é un plan para todas as persoas, incluídas as que presenten algunha discapacidade.
  • A atención ás mulleres pertencentes a colectivos especialmente vulnerables, como son as mulleres inmigrantes -con independencia da súa situación administrativa-, as mulleres xitanas, as mulleres con discapacidade, ou as mulleres prostituídas.




Non haber� mares que non poidamos atravesar