Programa das
VII Xornadas locais
sobre violencia
de xénero.


Informe sobre prostitución en
Lugo.

         
   

 

Viaxeiras

Esta é unha sección integramente dedicada ás viaxes, ás percepcións e ás experiencias que se derivan destas a través dunha mirada feminina. Ten o obxectivo de coñecer lugares novos e recoñecernos a nós mesmas a partir da temática da viaxe.
Se realizaches algunha viaxe na túa vida xa sexa real ou imaxinaria, próxima ou afastada, concreta ou metafórica e desexas compartir a experiencia... entón envía un email a:

viaxeiras@foeminas.lugo.es

As gaivotas da cidade

Ver sobrevoar ás gaivotas desde o porto até a praza de María Pita é algo que pode ser máis que un percorrido turístico. A última vez que estiven na Coruña sorprendeume o feito de comprobar que as gaivotas están tan preto das persoas, que conviven coa xente mentres elas fan as súas tarefas cotiás.
O Paseo Marítimo tamén está poboado destes seres que abren as súas ás para mostrarnos algo máis que a identidade dunha cidade. Pola mañá e pola tarde é o momento en que fan máis ruído, isto fai que che dean os bos días e tamén as boas tarde. Gústame pasear neses horarios porque as escoito. Sempre as escoito, aínda cando xa non estea na Coruña.
Creo que as gaivotas da cidade deberían ser declaradas patrimonio natural da humanidade non só pola súa beleza senón porque están entre nosoutr@s.

Ana María