![]()
|
||||||
Esta edición de Foeminas vén ben para lembrar que continuamos afondando no debate sobre os problemas de xénero. Conflitos que ás veces están tapados debaixo das sabas e outras veces simplemente quérense ocultar. Por esta razón, presentamos en Portada a nosa reflexión habitual que vira en torno a este tema do descoñecemento ou oucultamento sobre a verdadeira problemática que alude aos xéneros na nosa sociedade. Esta reflexión denomínase "Sempre hai algo máis que simple vista no se ve" e esperamos que poida contribuír en algo a tomar conciencia e recapacitar sobre o que aparentemente é dun xeito e resulta ser doutro aínda máis complexo. Sobre este tema presentamos tamén en portada a análise "Como definir discursivamente a violencia de xénero". En Contemporáne@ presentámosvos a interesante obra da poeta lucense Lupe Bao. Para rematar, en Historia de Mulleres propoñemos un percorrido por todo o legado de Flora Tristán. Tamén están presentes na revista as seccións Mullercetario, Viaxeiras, Foeminas panorámica e Noticias. Editorial Foeminas |