Foeminas panorámica

Foeminas panorámica intenta amosar unha mirada ampla sobre todos os problemas que afectan ás mulleres no mundo. Tamén é un espazo para recibir convocatorias a concursos, accións globais ou encontros.

Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela:

As mulleres do mar

Mª do Carme García Negro

De 8 a 11 de xullo

Moaña

34 h (Curso)

O o bxectivo primordial deste curso é profundizar nas características do papel da muller no sector pesqueiro desde a perspectiva de xénero. Est udar os seus problemas, os obstáculos que impiden o seu progreso, mellorar as estruturas das que dispoñen, buscar novas iniciativas e as accións necesarias para lograr un maior recoñecemento, tanto a nivel xurídico como social, que se respalden os seus esforzos para garantir os seus dereitos sociais e económicos tales como a igualdade salarial, os subsidios por desemprego, as enfermidades profesionais, a conciliación entre a vida profesional e a familiar, e a protección da seguridade e da saúde no traballo, co recoñecemento de enfermidades profesionais. Estudar e debater as medidas necesarias para eliminar as barreiras administrativas e sociais que impiden a plena participación e o avance das mulleres no sector pesqueiro, en todas as súas áreas, fixándonos especialmente no empoderamento e fomento do espíritu empresarial.

Muller, igualdade e dereito; unha lacra máis: a violencia de xénero

Raquel Castillejo Manzanares

De 16 a 18 de xullo

Santiago de Compostela

30 h (Curso)

Tratarase neste curso de achegarlle aos profesionais do Dereito, especialmente ao colectivo de mulleres xuristas, aos estudantes de Dereito, e como non a todos os colectivos de persoas afectadas polas materias reseñadas, o tratamento dos problemas, as ameazas e as desigualdades ás que teñen que facer fronte as mulleres na sociedade actual. A visión que se trata de ofrecer é crítica desde unha perspectiva de xénero, cun espazo de debate e reflexión entre os participantes, especialistas e interesados; ofrecer respostas, aclarar dúbidas, suxerir solucións e pautas de comportamento aos profesionais en especial do Dereito, así como doutras ramas, que interveñen nos conflitos familiares ou teñen algunha responsabilidade en relación con eles. Á vista de todo isto, este seminario pretende ser un escenario no que se escenifique cal foi o impacto da mobilización das mulleres, as políticas publicas que tiveron, e o que queda por facer.

Máis información

 

“II Seminario Internacional: Cidades seguras para as mulleres, cidades seguras para tod@s”

UNIFEM abriu unha convocatoria para presentar artigos, produtos de investigacións, análises, debates teóricos e estudos de casos latinoamericanos sobre os asuntos que se discutirán durante o seminario “Cidades sen violencia cara as mulleres, cidades seguras para tod@s: América Latina e Caribe”.
Poderanse presentar documentos para poder concursar desde o 25 de marzo ata o 15 de xuño 2008. O II Seminario Internacional é convocado por UNIFEM-Brasilia, a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), a Red Mujer y Hábitat para América Latina e as organizacións que conforman o Programa Rexional de UNIFEM. O Seminario levarase a cabo do 21 ao 23 de xullo de 2008, en Río de Xaneiro, Brasil.

INFORMACIÓNS
As bases do concurso e ficha de inscrición estarán dispoñibles, para a súa consulta e difusión pública, nos sitios web das institucións que o convocan:
• UNIFEM Brasilia, http://www.unifem.org.br
• Red Mujer y Hábitat para América Latina, http://www.redmujer.org.ar

Para máis información ou consultas, escribir a
cidadesseguras@gmail.com

XII Certamen de Narrativa Premio "María de Maeztu"

A Asamblea de Mulleres de Estella-Lizarra (Navarra) convoca o XII Certame de Narrativa Premio "María de Maeztu". Poderán participar todas as mulleres maiores de 16 anos, de calquera nacionalidade ou residencia. Este premio ten dúas modalidades, en lingua castelá e en lingua vasca. O prazo de admisión das obras finalizará o día 31 de xullo de 2008

Máis información:

http://www.eldigoras.com/premios/premios0723.html

IV concurso de relatos de muller Matilde Bares

Poderán participar mulleres e homes maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Tema libre, dentro da temática de muller. Os relatos serán orixinais e inéditos e non premiados con anterioridade en calquera outro concurso ou certame. Os traballos presentaranse en soporte papel e informático, debidamente paxinados. Terán unha extensión non inferior a 20 folios nin superior aos 40, escritos por unha soa cara, letra Times New Roman, tamaño 12 e interliñado 1,5. Os relatos entregaranse por cuadriplicado, co título da obra, lema e sen sinatura. Ademais, achegarase nun sobre pechado o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI do/a autor/a. No exterior do sobre indicarase o título da obra e lema do/a autor/a . Cada autor/a, poderá presentar o número de relatos que estime conveniente.

Prazo: 30-04-08
Contía: 1500 eur
- Convoca:
Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu
Tel. 986 32 43 95