Portada

Plan de Igualdade
Galego Castellano

Casa da Muller

Noticias

Historia de mulleres

Axenda Cultural

Galería de Arte

Mullerciclopedia

Mullerrecetario

Viaxeiras

Opinionas

Foeminas Panorámica

Conectadas

Foro

Becas e axudas

Staff

Contacto

 

Programa das
VII Xornadas locais
sobre violencia
de xénero.


Informe sobre prostitución en
Lugo.


         
   

Galería de arte
Mary Quintero
Pionera da fotografía como profesión

 

María Izquierdo

No mes no que se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora quixemos destacar o traballo, o esforzo e a dedicación dunha notable profesional e artista galega. Por iso é un honor presentar en Foeminas a obra da lucense Mary Quintero, a través de quen conmemoramos non só unha longa traxectoria, senón o exemplo cara a outras mulleres.

Dende moi nova

Mary Quintero Corredoira naceu en Lugo fai 76 anos; ao parecer herdara dos seus pais (Aurelio e Amadora) nin máis nin menos que unha profesión. Máis aló do legado na súa adolescencia tivo a ousadía suficiente como para deixar en claro cales eran as súas inquedanzas e as súas paixóns, “Nunha ocasión abrín a porta do estudo e unha señora preguntoume está a túa mamá? Eu díxenlle, pois non, pero si quere, fágolle unha foto” (En linea).

Mary foi enviada a Madrid onde tomou clases de fotografía cun fotógrafo amigo dos seus pais adquirindo os coñecementos da profesión. Tamén aprendeu debuxo na escola de arquitectura nesa mesma cidade.

Foi tal o impulso e a capacidade creativa que tiña que con tan só 15 anos realizou a súa primeira exposición de fotografía no Círculo das Artes de Lugo.

Aos 19 anos casouse e foise a vivir a Vigo onde desenvolveu a súa profesión ata a actualidade; profesión por demais competitiva e na que había escaso lugar para unha muller nova. Enseguida, e grazas ao seu talento e empeño o seu estudo foi o lugar elixido polas máis distinguidas familias viguesas. Na época dos retratos en branco e negro, a fotógrafa soubo aportar a partir da súa propia paleta, o condimento equilibrado e harmónico da cor. Deste xeito, Mary e foise convertendo na máis prestixiosa retratista de toda Galicia.

O traballo trouxo máis traballo e con el chegou tamén o recoñecemento, tanto do público, como da crítica e especialmente dos seus pares. Foi premiada polos seus colegas a través do voto e recoñecida como “Mellor fotógrafa do ano”. Todos estes recoñecementos levárona a impartir conferencias relatando a súa experiencia en distintas partes do Estado español e no exterior, en rexións tan diversas como Portugal, México e Venezuela. Ademais, recibiu varias distincións entre as que poden mencionarse: a Medalla Merixel do Principado de Andorra, a Granada de Ouro, a Medalla de Ouro da Asociación de Sevilla, premio do ano de fotografía polo seu libro "Álbum de carnaval", varios premios Kodak á noiva do ano, viguesa distinguida, Medalla de Ouro da Asociación Valenciana, Medalla de Galicia, etc.

No presente Mary Quintero está xubilada, pero segue traballando e aprendendo, colaborando no estudo que lle legou á súa filla, tamén fotógrafa, incorporando o procedemento da dixitalización de arquivos para conservar o seu traballo e retomando a pintura, a súa outra profesión.
Fai dous anos presentou unha exposición fotográfica que tiña como protagonistas ás vacas da exhibición Cow Parade de Vigo. Esta exposición transformouse en itinerante cando Marta, outra das súas fillas, colgou as súas obras na famosa Granxa Maruxa de Monterroso. Mary Quintero explicou o seu interese polas vacas da Cow Parade, argumentando:

 

unha vida de convivencia con elas, como boa galega, e agora ofrécese unha nova perspectiva, un marabilloso reto, a maxestualidade do cotián plasmada en arte. Todo un pulso, a obra está aí, saiamos ás rúas, aportemos un pouco de maxia dá luz, renovemos a nosa ollada. (En linea)

 

Neste número só vos ofrecemos  unha ínfima parte deste belo e logrado traballo.

Micaela Fernández Darriba

 

 

Mary Quintero "Turicow"

Turicow

Mary Quintero "Vaca verde" Cow Parade

Vaca verde

Mary Quintero "Vacastro" Cow Parade

Vacastro


Mary Quintero "Vacastro" Cow Parade

Vacavoy

Mary Quintero "cocovia" Cow Parade

cocovia

Mary Quintero "¿Onde vas rainxeira?" Cow Parade

¿Onde vas rainxeira?

 

Enlaces relacionados

Granxa Maruxa: Rebelión na granxa (Foeminas Octubro 2007)

 

Traballos Citados

 

Da tía Tula á Casa da Muller. (Mulleres lucenses 1950-1990) Lugo: Excmo, Concello de Lugo, 2005.

 

Sotelino, B. R. "Cuando la mujer no pintaba nada, yo ya pintaba" La voz de Galicia. 28 de xuño 2008. Consultado 23 de febrero de 2009. Dispoñible en: <http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/06/29/
0003_6945210.htm
>

 

VERBUM Casa das palabras. "VACAS URBANAS. A MAXIA DA LUZ" VERBUM Casa das palabras. Jullo de 2008. Consultado 23 de febrero de 2009. Dispoñible en: <http://www.verbum.vigo.org/
exposicionTemporal01.php?id=32
>