Portada

Plan de Igualdade
Galego Castellano

Casa da Muller

Historia de mulleres

Axenda Cultural

Galería de Arte

Mullerciclopedia

Opinionas

Conectadas

Foro

Becas e axudas

Staff

Contacto

 

Programa das
VII Xornadas locais
sobre violencia
de xénero.


Informe sobre prostitución en
Lugo.

         
   

 

Contemporáne@


É unha sección de Foeminas que se propón dar a coñecer o traballo das mulleres contemporáneas. Aquelas mulleres que habitan os mesmos espazos cotiáns e que se interesan por difundir o seu traballo a outras mulleres e homes a través da rede.
Contemporáne@ albergará no seu espazo diversas creacións feitas por e para as mulleres e estará aberta ás expresións literarias (poesía, narrativa, ensaio breve) visuais (debuxo, gravado, fotografía, arte dixital, etc.) e todas aqueloutras que poidan divulgarse por este medio.

Ana Cibeira: ante todo a poesía

 

Ana é unha moza-vella, artista que transita por diferentes espazos e linguaxes levando adiante o seu maior proxecto: poetizarlo todo. Por esta razón escribe, imaxina, crea, edita, bloguea, recorta e pega. A poesía como meta non é unha estratexia oculta, pola contra é a súa manifestación máis evidente. Tanto nos seus poemas, como na súa escritura ou nos seus collages, pode observarse a continuidade e a coherencia de obxectivos. Tamén está presente na obra o resultado das marcas da súa identidade.

A poesía é para Ana un xogo de palabras, talvez poderiamos engadir, un compromiso que tamén se estende á combinación de formas e imaxes que se aprecian nos seus traballos visuais. Formas, palabras, e sentidos invádeno todo, do mesmo xeito que a auga atravesa a terra para que esta se siga reproducindo.

Á súa maneira e por oposición, intenta dominar o mundo, dominalo sen imposicións, tan só contribuíndo po-éticamente a transformarnos a mirada.

Micaela Fernández Darriba

 

Déixame que che diga para entrar en calor...as plataformas son fadas

Autorretrato (Nevers)

Esfiañando texturas

Escuridade é o teu soño

A vida violenta (peixe)

As ratiñas de Ceesepe chegaron ó meu porto

Reflexo de áncora bípeda un sentimento apastelado e murcho

 

Ana Cibeira

“As miñas letras viron a luz no zine polpA do colectivo Humilladoiro. Despois fun publicando textos en revistas como A Xanela, Andaina, Búsola, Juglar (Málaga), Dorna, Nayagua. Revista de poesía del Centro José Hierro de Getafe (Madrid), Perfil del aire (Córdoba), Salamandria (Almería), e noutras publicacións periódicas na rede como Andar21, Biblioteca Vitual Galega, Contos ínfimos, o Espasmo das Redes Escarlata, Hiperferia (N.Y.) e a Incomunidade (Portugal)… Recitei en Poio (Poetas na rúa, 2004), Córdoba (Cosmopoética, 2006), Málaga (Transgeneración, 2007) e Madrid (Palabras habladas por La Bella Varsovia, 2009) e os meus poemas aparecen nos libros colectivos: "Transgeneración 1.0. Encuentro de jóvenes poetas españolas"(2007) e "Letras Novas (2008)". Expuxen os meus collages e fotomontaxes colectivamente na Galería Publiart (Ourense 2003), na Ca la Dona -Certame Femart– (Barcelona, 2005), no Ladyfest (Madrid, 2006); e nas xornadas “20 Anos da Revista Andaina” (Compostela, 2003), Translittera (Compostela, 2005), no festival Poetas por Km2 con Elena Medel (Madrid, 2006) e no último número da publicación Renderén (2009). Son parte do grupo HUMOR VÍTREO, e da editora de fanzines CORAZÓN SALVAXE”.

Blog de Ana Cibeira
http://anacibeira.blogspot.com/
http://www.poemariodemujeres.com/C/CibeiraAna.htm

Artículo
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=400644&idEdicion=1173