Os legados de Susana Girón

A Muller é o centro da miña vida e da miña poesía. O meu amor, a miña admiración e o meu respeto pola Muller son similares ós que sinto polo mar ou a arte. Entres estas mulleres ás que quero, respeto e admiro, hai unha moi especial. Susana Girón é sen dúbida, a persona máis versátil e con meirande talento que coñecín xamáis. Recentemente, publicou un libro de fotografía excepcional Baixo o título de Legados: generaciones en tránsito. A idea do traballo é moi fermosa. No prólogo, a autora conta que unca coñeceu á súa avoa e pregúntase que queda desa Muller Nela e que quedará nas fillas que veñan. Sobre estas dúas preguntas, traza. Nunha especie de álbum familiar, o cotidiano trascendente e o seu popularismo andaluz, que cnsiste sobre todo na disposición, tanto da súa inteligencia como da súa sensibilidad para captar na fotografía o una vida, en toda  a súa inmediatez ou frescor, os valores de tod canto forma parte da tradición. Nesa tradición que forma cantos, costumes, festas, ambientes e actitudes. Para estes Legados, Susana pediume tres poemas, que escribín dende a perspectiva feminina, é decir, dende a sensibilidade e a mirada de Susana Girón, achegueime, espíndome de min mesmo, ó sei marabilloso mundo interior co propósito de facelo meu. Polo tanto, a pesar de ser eu quen firma estes poemas, é Susana que os escribe, como naquel famoso soneto de Garcilaso de la Vega, que empeza:

Escrito está en mi alma vuestro gesto 

y cuanto yo escribir de vos deseo

vos sola lo escribistes; yo lo leo 

tan solo que aun de vos me guardo en esto. 

Teño a certeza de que aninguén deixará indiferentes a primeira obra de esta xoven fotógrafa que xa destaca no panorama nacional e internacional como constatan a exposición itinerante de Legados en cada un dos países de fala portuguesa, os numerosos premios recibidos e a súa presenza nos festivales fotográficos europeos máis importantes. Os Legados de Susana Girón constitúen a gran revelación da arte fotográfica da derradeira década española. A todas luces, unha obra maestra. 

Saturnino Valladares